Que é multiplicar?

xoves, 22 de xaneiro de 2015 0 comentarios
Esta semana comezamos coa multipicación. Moitos adultos cren que multiplicar é memorizar táboas. Memorizar as táboas pode axudarnos a facer operacións máis rápido, pero antes de nada debemos entender que é multiplicar.

Cando compramos temos que multiplicar continuamente. Multiplicar é agrupar cantidades que están en grupos diferentes. Olla a ilustración. Temos pitos colocados en filas de 6 en cada unha.
Se queremos saber cantos pitos hai, imos sumando. 6 na primeira fila, outros 6 na segunda...

6 + 6
Cando contemos todas as filas, serán:

6 + 6 + 6 + 6 + 6
Teremos sumado o 6 cinco veces. Iso é unha multiplicación que se escribe:
6 x 5

Se sumamos 5 + 5, teremos o 5 dúas veces. Esta ultiplicación é 
5 x 2

Vamos a exercitarnos.


0 comentarios:

 

©Copyright 2011 Matemáticas 2º | TNB